Taller de Curtametraxes Online

Taller intensivo que percorre as tres fases de produción dunha curtametraxe, desde a idea inicial ata a montaxe final.

Duración do taller:

12 horas

Nº de clases:

6 x 2 horas

Nº de alumnos:

15/20 alumn@s

Modalidade 

Taller baseado en tecnoloxías de telepresencia (curso online en directo con cámara de vídeo e pantalla compartida) que utiliza a plataforma Zoom con total interactividade profesora-alumn@s e facilita o uso de recursos virtuais compartidos.

Zumalab proporciona o servizo virtual completo, con todos os elementos necesarios para a organización e seguimento da formación:

  • Páxina de rexistro de usuarios, con campos de datos configurables e aceptación automática ou manual dos solicitantes.
  • Apartado de preguntas e respostas: as preguntas ou dúbidas máis habituais quedan rexistradas, xunto coa resposta, mellorando o fluxo da aprendizaxe.
  • Enquisa de finalización do curso, para dispor de datos que permitan una mellora contínua dos cursos.

Obxectivo

Dotar de habilidades, ferramentas e conceptos básicos ás alumn@s para que poidan dar os seus primeiros pasos na arte de contar historias a través de medios audiovisuais. E que o poidan facer de forma autónoma, cos seus propios equipos.

Metodoloxía 

O taller ten un enfoque teórico-práctico, propiciando o feed-back c@s alumn@s durante as clases, a partir de exercicios, tanto técnicos como imaxinativos.

Tamén propoñeranse pequenas tareas entre clase e clase, nas que se buscará a interacción virtual entre @s alumn@s, redundando na natureza de creación colectiva que implica a arte cinematográfica.

Destinatarios 

O taller está aberto a alumn@s de calquera idade cun mínimo coñecemento de ferramentas virtuais e con posibilidade de acceso a un equipo mínimo de gravación (cámara/dispositivo móbil) e postprodución (móbil/ tablet/ordenador).

O número de participantes pode chegar ata 100, pero a súa cantidade vai en proporción inversa á posibilidade de interacción en tempo real coa docente. Un número adecuado a unha boa interacción sería entre 15/20 alumn@s.

DOCENTE

Cora Peña é licenciada en Comunicación Audiovisual (UCM) e graduada en Dirección de Fotografía (EICTV), con sólida experiencia en produción-dirección de documentais, curtametraxes e videoclips, e amplo percorrido polos distintos roles da creación audiovisual (guión, dirección, dirección de fotografía e montaxe). Ten impartido talleres de contido audiovisual para distintos organismos e institucións educativas e para os concellos de Vigo, Santiago e Teo.

Estrutura

Paréceche interesante?